Xosé Alexandre Cribeiro: “Indo para máis perto - A señardade no puño”. Edición de Miro Villar.
A Xosé Alexandre Cribeiro se le cita en el apellido UNAMUNO de esta web, en el apartado Xi,
como esposo que fue de una nieta de Don Miguel: Concha de Unamuno y
Adarraga.
==============================
Transcribo seguidamente la primera parte de
la Introducción de esta edición..
Nota previa importante: He escaneado esta Introducción del libro citado. Sabido es que al escanear
suelen producirse errores en el texto, y como yo no sé gallego, me resulta difícil corregir las erratas,
por lo que pido disculpas al lector. Antonio Castejón. puxaeuskadi@gmail.com
Os primeiros anos: entre
Cangas do Morrazo e Marín
Xosé Alexandre
Cribeiro Rodríguez naceu en Pontevedra o
29 de setembro de 1936, filIo duns mestres, Pío Cribeiro González e Regina
Rodríguez Bares, coma tamén o eran os seus compañeiros de xeración
Bernardino Graña, Xosé Luís Franco Grande e Gonzalo Mourullo. Seu pai, que era
un apaixonado letraferido e mesmo fixo os labores propios dun bibliotecario no
local que o Partido Galeguista tiña en Pontevedra, mantivo amizades persoais
con Alexandre Bóveda, con Alvaro Cunqueiro, con Xosé Mª Castroviejo e con
outros galeguistas da época. De feito, a lembranza do primeiro deles figura no
seu segundo nome porque seu pai apreciaba moito ao secretario de organización
do Partido Galeguista, ata o punto de que ía ser o padriño. O asasinato de
Bóveda, o 17 de agosto na Caeira pontevedresa, tronzou esa posibilidade por
escasos días. Pío Cribeiro tamén padecería represalias e aínda que non chegou
estar no cárcere foi suspendido de emprego e soldo varios anos. De seu pai
aprende de primeira man as nocións básicas do galeguismo e do antifranquismo
que acompañarán a Alexandre toda a súa vida.
O lugar de nacemento é, polo tanto, ocasional, pois xa
daquela seus pais se trasladaran por motivos laborais a Cangas do Morrazo, e a súa infancia vai transcorrer primeiramente
no lugar de Aldán, onde se
encontraba a escola na que os proxenitores estaban destinados, e lago en
Rodeira, porta con porta coa casa familiar do poeta Bernardino Graña. Así nolo
conta o propio Cribeiro ao evocar aquel momento nunha entrevista que lle fai o
cineasta Miguel Castela para La Vóz de Galicia (1), con motivo do seu labor
como Director do Centro Territorial de TVE en Galicia:
Eu nacín en Pontevedra, o que pasa é que aos tres ou catro
días os meus pais leváronme a Aldán, un portiño perto de Cangas, onde estaban
destinados; ou sexa que, aos efeitos, aínda que nacín en Pontevedra, pois si,
crieime por aquela banda. O día que nacín foi a chamada «toma de Toledo», o
29 de setembro do 36.
Non será unha infancia doada, xa que se inicia a escasas semanas do
golpe militar do xeneral Franco contra o goberno democrático da II República e
transcorre nos anos da guerra civil española e da primeira posguerra. Ademais,
as relacións persoais de seus pais implican o control e a desconfianza dos
novos dirixentes políticos. Así o lembra (1):
Son recordos tristeiros. Tristeiros porque era a posguerra can do eu
tomei conciencia ... pasábase mesmo fame, enfin ...
Con nove anos ingresa no internado do
Colexio San Narciso dos P. P. Paúles de Marín, onde estuda e realiza actividades
culturais e deportivas, como ser porteiro no equipo de fútbol. Daquela o
colexio era só unha residencia de alumnos que se examinaban cada curso no
Instituto de Bacharelato de Pontevedra, hoxe denominado Valle Inclán. Neses
exames libres de xuño e de setembro coincidirá con Herminio Barreiro, outro
futuro membro do grupo «Brais Pinto», a quen xa coñecía por seren mes tras as
súas respectivas nais e tratárense (3). Os internos naquela altura eran apenas
unha ducia e a estadía na residencia de Cribeiro rematou no ano 1953, logo de
cursar 7° de bacharelato, segundo o programa oficial da época4.
Nesta época é cando coñece a Xosé
Luís Franco Grande, a Méndez Ferrín
e tamén ao poeta Bernardino Graña,
de que n primeiramente foi alumno, antes de se converteren en inseparables
amigos. Acontece en 1952 e desta maneira relata o episodio Graña (5):
Axudaba na Academia Morrazo e conversaba en Cangas e no meu barrio de
Rodeira, cun novo poeta, uns tres anos máis nava, ao que tiven que axudar
durante uns días a prepararse en Grego: Xosé Alexandre Cribeiro.
O traslado a Madrid, abraiado pala
cinematografía
En Santiago de Compostela principia os estudos de Filosofía e Letras,
sen amosar excesivo interese, pois xa daquela agromara de maneira incipiente a
súa paixón pola arte cinematográfica. A etapa académica é interrompida para
realizar o servicio militar na cidade departamental de Ferrol por volta de 1953
e 1954. Alí, en testemuño de Xosé Manuel Beiras (6), coincide co poeta Antón
Avilés de Taramancos e ambos, con traxe militar, dan conferencias sobre diferentes
aspectos relacionados coa cultura galega, ademais de se agacharen no momento
de xurar unha bandeira que non consideraban a súa. Nesta época escribelle
moitas cartas ao poeta Bernardino Graña e tamén, por volta deses anos, presenta
unha conferencia de Méndez Ferrin sobre os poetas medievais de Vigo, no centro
cultural Rodeiramar de Cangas do Morrazo.
En xullo de 1954 participa no congreso de Poesia que se
celebra en Galicia e recita algún poema na viaxe que os congresistas realizan
ás illas Cies. O poeta Bernardino Graña
conserva unha fotografía na que se pode ver a ambos, xunto a José Luís Cano, director da revista
Ínsula, Ramón González-Alegre, Rafael
Melero e Cuña Novás.
As súas inquedanzas cinematográficas explican que se trasladase a
Madrid, único lugar no que naquela altura se podía estudar cine. Primeiro acode
por curiosidade, sen pensar en realizar o ingreso, mais rematará por se
matricular con tan só dezanove anos, converténdose nun dos alumnos máis novos.
No curso oficial 1957-58 comeza os
seus estudios de Dirección no Instituto de Investigacións e Experiencias
Cinematográficas (coñecido posteriormente pol a súa denominación de Escala
Oficial de Cinematografía) de Madrid (7). Nas súas aulas coincide, ben como
compañeiros de aula ou ben como companelros de escola, con Manuel Picaza, Manuel Summers, Antonio Mercero, Carlos Saura (que
ía un curso por diante) ou Luis Garda
Berlanga e José Antonio Bardem (que licenciaran un ano antes), entre outros
moitos cineastas de prestixio. Entre as súas prácticas de carreira salienta
unha curtametraxe realizada no segundo curso. Levaba como titulo Simplemente el río, foi feita na beira
do madrileño río de Manzanares e nela colaboraron, levando un cadaleito, varios
dos seus amigos galegos, que nese momento tamén estaban a estudar en Madrid. Na
rodaxe da escena participaron Herminio
Barreiro, Xosé Manuel Beiras, Xosé Luis Méndez Ferrín e Reimundo Patiño, e
non faltaron algúns problemas coa polida que o propio Cribeiro relata con graza
(8):
Iso
fora que nós deixaramos o cadaleiro debaixo dunha ponte, a Ponte dos Franceses,
ao longo dos tres días de rodaxe, e como alí se suicida xente, botándose da
ponte abaixo, cando chegamos pola mañá estaba a policía que despois non nos
quería deixar marchar, pensando que o asunto era algo truculento e conflictivo.
Ademais dunha fanada historia baseada nunha hipotética hecatombe
atómica en Madrid (9), outra montaxe que se titula Cuando la mujer es un pedazo de hueco será o seu proxecto de fin de
carreira, mais tampouco chega a darlle cabo debido á morte de seu pail (10):
Non montei a práctica de fin de carreita, porque nesa data morre o meu
pai e eu teño que ir inmediatamente a Vigo, a asistir á miña familia,
loxicamente. As causas póñense mal para todos, e en concreto e maiormente para
min porque a morte do meu pai afectoume dunha maneira moi grande. Entón tardo
dous anos en volver a Madrid, e, no entanto, a Escala de Cine entrara nunha
etapa de crise moi grande, e todos os que non remataramos a práctica de fin de
carreira o que fixemos foi damos de alta no ... ¿como lle chamaban? .. o
Sindicato, a Asociación de Realizadores y Escritores Cinematográficos, a
A5DREC, co cal tiñamos o carné para traballar exactamente igual.
Unha orde que promulga en 1959 o daquela Ministerio de Información y
Turismo vai concederlle carácter preferencial a todos os titulados e diplomados
do IIEC á hora de ocuparen as prazas vacantes en Televisión Española (ll). Isto
explica que a televisión estatal fase o destino laboral de gran parte deles,
entre os que está o propio Cribeiro (12):
Aa saír da Escala había dúas saídas profesionais. Facer cine, que
estaba nas mans de Perojo, Sainz de Heredia ou Cesáreo González, era imposíbel.
Os compafieiros daquel tempo (S aura, Summers, Picaza, Aguirre ... ) tardaron
moitos anos, nunha subsistencia heroica, até que puideron traballar. A outra
saída era a televisión. Fun case pioneiro na Segunda Cadea e alí ingresei hai
xa trinta anos.
Todo o meu traballo cinematográfico está na televisión. Cometín o erro
de non facer cine moito tempo, e adicarme a traballos burocráticos e de
dirección dos que, sen embargo, sinto orgullo.
Antes
de que a televisión fose o seu destino profesional e aínda sendo estudiante do
IIEC, Cribeiro xa principia a colaborar no xornal Faro de Vigo, onde escribe
moitos artigos en castelán relacionados coa arte cinematográfica. Sen dúbida,
un dos máis interesantes vai ser aquel que se publica o 21 de marzo de 1959, no
que defende a necesidade de artellar un cine documental galego (13), para recoller
a verdadeira realidade histórico-artística e socio-cultural da nosa terra, sen
a terxiversación das visións tópicas que se viñan realizando. Tamén colabora
noutros xornais con artigos non só de cinema senón tamén de literatura (14).
Nesta
época o seu labor crítico propicia o seu encontro con Celso Emilio Ferreiro, co que manterá despois unha fonda amizade
persoal e unha empatía política. Coñécense o 31 de agosto de 1959, na estrea do
Don Hamlet de Cunqueiro (15) no coruñés Teatro Colón, como relata o propio
Cribeiro (l6):
Naquel coche no que regresaba ían tamén Fernando Alonso Amat, Alberto
Casal ( ... ) e mais Celso. A nasa primeira amistade é exclusivamente
literaria e sen connotación política. Eu casei e foron nacendo os meus fiHos,
asistindo ao nacimento dalgún deles o propio Celso. Como quen di, as nosas
casas eran comúns e estabamos moi unidos.
Eran aqueles momentos de clandestinidade e senda eu responsábel da célula
do rc, chamada dos intelectuais, sorprendeume saber que el xa estaba, dalgún
xeito, integrado no partido e naquela mesma célula.
Ocasionalmente
desenvolveu o labor de Procurador dos Tribunais de Xustiza, mais a súa
verdadeira vocación foi a de director de cine, aínda que profesionalmente tivo
que vivir gracias ao seu trabailo como técnico en radiodifusión e televisión.
Tamén chegou a ser membro da Asociación de Directores e Realizadores Cinematográficos.
A paixón literaria: das Festas Minervais
ao grupo Brais Pinto
No
ano de 1959 comeza a poñerse de relevo a súa vinculación pública coa
literatura, nomeadamente coa poesía. No concurso literario das Festas
Minervais, convocado polo SEU na Universidade de Santiago de Compostela, gaña o
seu primeiro premio por unha composición en castelán. Desta mesma época é a
unha recensión poética, na que se reseña con loanza o libro A noite do seu
amigo Xosé Fernández Ferreiro, que reproducimos nos Apéndices deste volume.
Toda
esta actividade literaria ten moito que ver coa súa entusiasta participación
na fundación do grupo «Brais Pinto» (17), nacido en 1958 no café de «Los
Mariscos», da vella rúa madrileña de San Bernardo. Na xestación, ademais de
Cribeiro, están Bautista Álvarez, César
Arias, Herminio Barreiro, Xosé Fernández Ferreiro, Bernardino Graña, Ramón
Lorenzo, Raimundo Patiño e Xosé Luís Méndez Ferrín. Este último ten falado
con precisión dos motivos que xuntaron a aquel grupo de estudiantes e
traballadores cando se lle pregunta se aquelas relaciónsproviñan xa da súa
época universitaria en Santiago de Compostela (18):
Non, porque, felizmente en «Brais Pinto», a maioría eran rraballadores:
Raimundo Patiño traballaba no Banco de Bilbao; César Arias traballaba e
traballa en «Dragados y Construcciones»; Bautista Alvarez rraballaba nunha
fábrica da familia de seu irmán; Xosé Fernández Ferreiro tamén traballaba en
«Suevia Films», na publicidade. Gu sexa que era un grupo socioloxicamente
distinto, nunha cidade como Madrid, onde a loita pola vida é moi evidente, onde
a pobreza está detrás de cada esquina e non está edulcorada por ningún tipo de
paisaxe nin de arquitectura barroca e onde as contradiccións as tes moito máis
agudizadas.
Alí estabamos os que só eramos estudiantes: Ramón Lorenzo, que xa fora
compañeiro meu en Santiago; Herminio Barreiro; Bernardino Graña, que viña de
Salamanca; Alexandre Cribeiro, que fada cine, pero que ía e viña xa que tamén
rraballaba na Caixa de Aforros de Vigo e mais eu. Eramos xa un grupo relacionado
ea mundo laboral dende novos, por necesidades de familia. Isto era moi
dominante e unían os coa realidade de clase.
De
feito, este factor é fundamental á hora de entender o grupo non só como lugar
de encontro cultural, senón como plataforma para a acción socio política en
tempos ben difíciles, que mesmo lles valeu enfrontamentos coa directiva do
Centro Galego (l9), daquela presidida polo xeneral ferrolán Constantino Lobo
Montero (20). O propio Cribeiro ten esta opinión con respecto ás actividades
desenvolvidas (21):
A chamada xeración Brais Pinto se se une non é pola súa afección á
literatura ou ás artes plásticas, como no caso do queridísimo Reimundo Patiño.
Estabamos unidos por algo tan simples, elemental e actual como é o amor a
Galiza. Alí deixabamos o pelexo e cada cal fada o seu. Só hai que mirar a
distancia en ocupacións que hai enrre Ramón Lorenzo, Pepe Ferreiro ou eu mesmo.
Pero tampouco podemos falar daquela época cos valores políticos de hoxe mesmo.
Estamos na década dos 50 e primeiros 60. [ ... ] Nós estabamos moi
concienciados, aquel amor apaixonado, por que non dicilo, tiña que se traducir
nunha ideoloxía e nunha praxe política. Os que actuamos despois nalga
organizado foi sempre marxista ou cando menos de esquerdas nidiamente. Eu como
militante do PC, Ferrín, por suposto Bautista Álvarez ...
Na
cohesión do grupo vai ser fundamental a intervención dun ha me moito maior ca
todos os seus compoñentes, Ben-Cho-Shey (22). O seu importante e imprescindible
labor é detallado por César Arias (23):
Ben
Cho Shey foi un grande aglutinador do grupo, aínda que non pertenza realmente a
el, e o que puxo a Ferrín e a Ramón Lorenzo en contacto con nós. Tamén da súa
man chegou ó grupo Bautista Álvarez. Era inspector de ensino primario en Toledo
pero vivía en Madrid. Xa fora inspector na República e presidente do Partido
Galeguista en Lugo, lago desterrado a Estremadura. Despois de ser represaliado,
foi rehabilitado, desenvolvendo o seu traballo en Toledo, aínda que vivía en
Madrid. AJí tiña moito contacto coa Universidade, con catedráticos galegos que
por aquel tempo impartían docencia na capital.
Na
súa casa tiñamos a nasa biblioteca, sempre aberta. Ben Cho Shey estaba para
todo, cando nos fada falta algo, darlle saída a algunha publicación, a organización
dun acto ... el sempre estaba con nós. Era vocal do Centro Galego. Tiña un
grande sentido da paisanaxe, moi amigo de establecer entre os galegos un ha
fonda corrente de simpatía e galeguidade. Tiña un desexo limpo de formarnos,
de formar a xente, de inculcarnos o amor polo coñecemento. Xa digo, Ben Cho
Shey estaba para todo o que nos fixera falta: a publicación dun libro, a
organización dun acto ...
Aínda
non sendo unha entidade cultural en exclusiva, o certo é que as actividades
literarias do grupo terán moita repercusión, como a homenaxe na morte do poeta
Ramón Cabanillas celebrada o 14 de decembro do 1959, senda adoito recibidas con
entusiasmo pala colectividade galega, de seu bastante conservadora e afecta ao
réxime franquista. Tamén é certo que detrás de moitas das crónicas sobre a
actividade do grupo estaba a man do propio Ben-Cho-Shey ou, no caso da prensa
galega, de Borobó (24), home máis achegado a posicións socialistas desde o
galeguismo. Como era de agardar, nas crónicas da época é silenciado todo o
labor político-ideolóxico do grupo, mais velaquí unha mostra da acollida
entusiasta que tiñan as súas iniciativas culturais (25):
El primer volumen de la colección -publicado hace unos meses- fué
«Bocarribeira», de don Ramón Otero Pedrayo, lo que vino a ser como un homenaje
de la gente de "Brais Pinto» al viejo y admirado patriarca de las letras
gallegas. "Bocarribeira» ha constituido un éxito, ya que se trata del
primer libro de versos publicado por el ilustre escritor de Trasalba.
Ahora acaba de publicarse el segundo volumen: "Poema do home que
quixo vivir, de Bernardino Graña. En fechas sucesivas irán saliendo «A noite»
de X. Fernández Ferreiro; «Acoitelado na espera», de Alexandre Criveiro [sic];
"O que se foi perdendo», de Ramón Lorenzo V ázquez, etc. De este
interesante grupo que forma la colección «Brais Pinto» cabe esperar muchas y
grandes cosas. Nosotros, desde aquí, le enviamos un abrazo fraterno, a la vez
que les decimos: «¡Adiante amigos!».
Así,
en 1960 viu a luz en Madrid, na colección literaria de «Brais Pinto», o seu
primeiro libro de poemas, intitulado Acoitelado
na espera, que fora premiado o ano anterior pala agrupación «Unity Gallega»
de Nava York. Este libro auroral de Cribeiro está inmerso de cheo na «Escala da
Tebra», se ben é bastante menos hermético ca outros dos seus representantes e
inc1úe textos de denuncia social.
Nese
mesmo ano o grupo realiza unha homenaxe a Luís
Pimentel, con motivo do seu segundo cabodano, que «era un poeta admirado
por todos, pola súa actitude íntegra, polo seu exemplo ético e estético» (26).
Cantan coa colaboración do intelectual español Dámaso Alonso que envía un traballo para a súa lectura, dada a
imposibilidade de asistir. Presenta os actos César Arias e participan Xosé
Ramón Fernández-Oxea, Méndez Ferrín que titula a súa intervención O impacto de Pimentel na poesía galega, Fernández Ferreiro que le o primeiro
capítulo da súa novela Bestia, aínda
hoxe inédita, Cribeiro que recita o longo poema «Falando a Pimentel nun intre
xusto», Ramón Lorenzo que centra a
súa comunicación nunha lembranza poética de Pimentel, vencellando a súa obra
con Rosalía, e finalmente Bernardino Graña realiza unha semblanza
dos dous títulos fundamentais do poeta: Triscos
e Sombra do aire na herba.
En
1962 o grupo esmorece, pois Ramón
Lorenzo marcha de lector a Alemaña, Ferrín
e Graña a dispensar coñecementos no colexio Fingoi de Lugo, que na altura
dirixía Ricardo Carballo Calero,
Herminio Barreiro regresa a Pontevedra, Fernández Ferreiro entra a traballar no vespertino compostelán La
Noche, Bautista Álvarez principia a
súa actividade política en Galicia e Alexandre Cribeiro axiña vai entrar en
RTVE, ademais de ser o ano do seu casamento con Concepción de Unamuno
Adarraga (27),
a quen coñecera uns anos antes, nunha época na que compartía co poeta Bernardino Graña un pequeno estudo no
barrio madrileño de Vallecas que era propiedade do escultor Xoán Piñeiro.
Nese
mesmo ano recibe outro premio de poesía, desta volta do Centro Gallego de
Buenos Aires polo seu libro Doente na Espranza. Nesta época tamén colaborou de
maneira esporádica con textos poéticos en castelán en revistas e publicacións
periódicas como a ferrolá Aturuxo e Eufonía
de Bos Aires. A escrita puramente literaria convive coa creación
cinematográfica. Deste xeito, en 1963 participa como coguionista na
curtametraxe documental Toros tres,
dirixida por Javier Aguirre, sobre o tema da tauromaquia na pintura de Goya.
O compromiso socio-político: a militancia
no PCE e a fundación do Cine-Club Vigo
Nos
anos anteriores, nomeadamente na Escala de Cine e no precario ambiente cultural
madrileño, vai introducirse na órbita do Partido Comunista de España (PCE).
Persoas como Bardem, Berlanga ou Gutiérrez Aragón serán fundamentais
nese posicionamento, co que iso significaba de labores arriscado s na
clandestinidade. Para Méndez Ferrín a relación de Alexandre Cribeiro co PCE xa se iniciara no momento de conformaren
o grupo cultural «Brais Pinto» en Madrid (28).
Xeralmente non, aínda que iso era á parte dos obxectivos de «Brais
Pinto». Cada un, individualmente, tiña as súas relacións, os seus contactos.
Cribeiro estaba relacionado co Partido Comunista e supoño que Herminio Barreiro
tamén.
A
convición de Cribeiro está plenamente asentada. Tanto é así que vai quedar á
marxe cando algúns dos membros de «Brais Pinto» camiñan cara á constitución do
xermolo do partido comunista patriótico Unión do Povo Galego (UPG). Novamente Méndez Ferrín detalla este momento (29):
Cribeiro quedou fóra, porque Cribeiro estaba en contacto, comprometido
xa co Partido Comunista de España, pero coa intención de crea-lo Partido
Comunista galego, o mesmo que Celso Emilio Ferreiro. O que sucede é que Celso
recuou e veuse ó proxecto da UPG, porque era o que estaba máis de acordo co que
el pensaba.
Da
mesma opinión é o historiador Bieito
Alonso (30), cando enxuíza a deriva desde o ámbito socio-cultural ao
político-ideolóxico strictu sensu:
A semellanza do que xa ocorrera noutros períodos da nosa historia, foi
a emigración, a distancia en definitiva, o elemento que serviu de catalizador
na toma de conciencia sobre a realidade nacional. Dende Madrid, un fato de
mozos galegos de procedencia social ben diversa, reparou nas carencias que
amosaba a sociedade galega. Nese diagnóstico aparecían aspectos máis formais,
como o illamento a respecto das vangardas culturais, pero había outros, como a
conciencia do descoñecemento do propio e da necesidade dun partido político
nacionalista que substituís e a estratexia elitista do piñeirismo, moi
semellantes aos que barallaba o novo nacionalismo vasco e reveladores dunha
decidida vontade de ruptura. Así e todo, non deixaba de ser chocante que tivese
que chegar dende un cosmopolitismo confeso a reivindicación da faciana
política de Castelao -virtualmente secuestrada- e do Sempre en Caliza, máis que
nada polo radical anticosmopolitismo do que fixera gala o dirixente
nacionalista.
Dende o momento mesmo da súa aparición, «Brais Pinto» pode ser considerado
o único espacio de reflexión política sobre a realidade galega do momento. Unha
reflexión que axiña camiñou cara á posible constitución dunha organización
política. Dun xeito case fantasmal, o colectivo literario transformarase nunha
primeira Unión do Pobo Galego e mesmo acometerá a elaboración duns estatutos e
dun programa básicos, dos que sobresaía a definición socialista, revolucionaria
e nacionalista.
Afastado
deste proxecto, Cribeiro colabora xa co PCE de moitas maneiras, mais o seu ámbito
prioritario de actuación estará centrado na cultura. Santidrián, que estudou a historia do PCE en Galicia (31), sinala
que por volta de 1962 existía en Vigo un comité de intelectuais relacionados
co Partido, no que ademais de Cribeiro
estarían tamén Fernando Alonso-Amat,
Antón Beiras, Celso Emilio Ferreiro, Agustín Pérez Bellas, Mercedes Ruibal e
José Ruibal. O Partido practicaba, con éxito, a táctica do entrismo nas
organizacións sociais, como método eficaz de ampliar a súa presencia e a súa
influencia no rearme ideolóxico do antifranquismo.
Por
esta razón, cando nos anos 62, 63 e 64 o poeta ten que residir en Vigo,
traballando na Caixa de Aforros, aínda que sen abandonar Madrid totalmente,
vai converterse nun dos fundadores do Cine Club Vigo, ademais de colaborar
dunha maneira moito máis continuada na prensa cos seus artigos
cinematográficos. Asemade publicou colaboracións deste xorne en revistas
especializadas, como Cinema Universitario e Film Ideal, onde adoita amosar as
súas preferencias polo cinema de Bardem,
Buñuel, Bertolucci ou o galego Carlos Velo (32), entre moitos outros. E
realizou tamén unha serie de enquisas sobre a súa relación co cinema a
intelectuais galegos.
Nesta
etapa viguesa principia unha longa amizade cos artistas Agustín Pérez-Bellas e Mercedes Ruibal, tamén militantes comunistas.
A súa experiencia persoal no tecido asociativo da cidade olívica é narrada coas
súas propias palabras des te xeito (33):
Foi o primeiro cine-clube que se fundou en Vigo. E eu fun fundador e
director. Foi aquela unha etapa moi positiva, dado o momento. O cine-clube
espertou unha grande curiosidade e concitou ao seu redor moitas inquedanzas,
maiormente na mocidade. Isto respeito do cine, aínda que o cine-clube non se
circunscribía soamen-
te ao cine, senón que era un instrumento de cultura. A proba está en
que posteriormente, nunha cidade como Vigo -e fago un inciso para dicir que o
Cine-Clube Vigo foi naquel momento o máis concorrido de todo o Estado, o que
tiña maior número de sociosfundáronse bastantes máis; non sei tres ou catro.
Por
volta deses anos, 1963-64, acode a París chamado polo Comité Central do PCE
para ver a posibilidade de creación dun Partido Comunista Galego, nunha reunión
con Santiago Álvarez e Enrique Líster
que dura unha semana. Esta encomenda vaille ser encargada a Fernando Alonso Amat, a Celso Emilio
Ferreiro e ao propio Cribeiro,
mais nesa época convulsa xa está a agromar a Unión do Povo Galego (UPG) e esta
organización vai atraer a Celso Emilio,
mais Cribeiro mantén a súa
fidelidade ao PCE e colaborará á hora de poñer as bases do que podería ser o
futuro PCG (34).
Tamén
nesta época, no ámbito familiar, prodúcese pouco te mpo despois a morte de seu irmán pequeno Pío nun
naufraxio que fixo desaparecer no Mediterráneo o barco no que navegaba. Tanto
esta ausencia coma a do seu pai, anos antes, van estar sempre na súa memoria e
na súa obra e explican en boa parte o seu misticismo.
De
novo en Madrid, traballou na realización de curtametraxes, de publicidade e de
diversos programas culturais en Televisión Española (TVE) e nesa altura reside
habitualmente na capital española por razón do seu labor profesional. Entre os
programas de xorne cultural salienta o espacio Ateneo, dedicado á información
e aos comentarios cntlcos sobre a actualidade artística, a literatura e o
teatro, do que foi realizador, xa que o seu director era o galego Carlos Martínez-Barbeito, de quen
sempre falou con moito cariño e gratitude, pois o consideraba o seu verdadeiro
mestre, chegando a dicir que fora «a súa segunda universidade». Con Martínez-Barbeito colaborou na
dirección de programas culturais e ademais de Ateneo realizo u o espacio
literario Encuentro con las letras.
No
ano 1969 achega a transcrición en castrapo (con gueadas e gheadas) de catro
cantigas anticapitalistas, recollidas en Cangas do Morrazo, para o libro Cantigas sociales recollidas do pobo que
compila o profesor Alonso Montero (35).
En
1970 é o argumentista na curtametraxe documental Por Madrid con Wágner, dirixida por Francisco Colombo. Con este
mesmo director asume a codirección e o guión na curtametraxe documental Perú en
el Museo de América (1971), sobre a presencia da arte precolombina
(arqueoloxía, cerámica, escultura, pintura ... ) do país andino no devandito
museo. Ademais desta serie de cinco programas no Perú, sobre a arte
precolombina, realizou outros seis culturais e de actualidade en Venezuela, con
especial incidencia nesa arte de enxeñaría industrial que conforma a
quilométrica rede de conexións petrolíferas do Golfo de Maracaibo, así como
tamén en Chile, Cuba e noutros países de América Latina.
Dos estertores do franquismo ata os
derradeiros anos
O
seu compromiso co PCE, malia as sucesivas crises do Partido, non mingua en
todos estes anos. Esa militancia tamén o leva a compartir camaradaxe, na mesma
célula, con comunistas retornados do exilio como o escritor Ramón de Valenzuela (36) e a súa muller
Mariví Villaverde. Como conta esta
última nas súas memorias (37), ademais das reunións clandestinas do Partido,
adoitaban xuntarse os domingos nas reunións do Club da Unesco, que se
celebraban na sala da Cultura Galega. Alí acudían tamén algúns integrantes do
extinto «Brais Pinto» como Reimundo
Patiño ou Bautista Álvarez, o vello mestre do grupo Ben-Cho-Shey e outra
xente como Luís Tobío, entre outros.
A
propia Mariví Villaverde narra como a morte do xeneral Franco os sorprende
precisamente na casa do poeta (38):
O 19 de novembro fomos cear á casa do noso querido amigo o poeta
Alexandre Cribeiro. Como é lóxico o tema da conversa era, inevitablemente, o
estado de Franco. Cribeiro aseguraba que xa estaba marta pero que darían a
noticia cando o cresen máis conveniente. Eu levaba xa dúas noites sen durmir,
así que me prometín a min mesma que esa noite durmiría. E así foi. Durmín sen
desacougo, serenamente, pero de madrugada acordei sobresaltada. O meu primeiro
movemento foi conectar a radio e, nese intre, oímos a voz de Arias Navarro
comunicando o falecemento de Franco.
Daquela
iniciábase a denominada «transición democrática española», e Cribeiro non deixa
de militar activamente no Partido. De feito, a xornalista Ana Romero relata un importante episodio acontecido pouco tempo
despois coa participación do noso poeta e da súa muller, Concha Unamuno, que demostra a súa implicación na reorganización do
PCE39:
El lunes 31 de enero [de 1977], sólo 10 días después del encuentro
sorpresa con Carrillo en Barcelona, una semana después de la matanza de Atocha
y en medio de todas las discusiones con Adolfo Suárez, Carmen se lanzó a una
entrevista secreta con Carrillo. Se adelantó casi un mes a la de Suárez con el
dirigente del Partido Comunista; lo preparó y lo estimuló.
Carmen y Carrillo se vieron en casa de Alejandro Cribeiro, en el
Rastro. Cribeiro, casado con Concha Unamuno, es aquel poeta galleguista amigo
desde los tiempos de Televisión Española y que la había avisado el día de la
muerte de Franco.
Yo le había comentado que no estaba de acuerdo en que no se hablara
directamente con Santiago, que había que hacerla. Entonces, Alejandro me
invitó a comer a su casa y me dijo si quería que invitara también a Santiago.
Yo le dije que encantada, pero que en mi casa no podía ser. Yo era una
ciudadana con fe, y creía en mi Rey, que había dicho que era el Rey de todos
los españoles. Así que me puse un fular en la cabeza y me fui a la zona del
Rastro, donde vivían Alejandro y su mujer.
Carrillo le comunicó que quería hablar con Suárez y le pidió que
intermediara porque no había manera de que el enlace lo pusiera en contacto con
el presidente Y que éste siempre estaba dando excusas.
Aínda
que no III Congreso do PCE, o primeiro na legalidade, celebrado en 1978,
abandona temporalmente a súa militancia, nunca chegaría a deixar o seu
compromiso co pensamento marxista que duro u ata a súa morte. Nos últimos
anos, cando retornaba a Galicia, estivo moi vencellado a Xosé Manuel Beiras. Esta relación persoal e os enfrontamentos
habidos no seo do PCG con Anxo «Geluco»
Guerreiro pola política galega do Partido contribuíron a que sempre
procurase unha imposíbel síntese ou espacio común entre o sentimento comunista
e o sentimento nacionalista, que o levaba a sentirse próximo unhas veces de
Ferrín e outras de Beiras e incómodo en calquera estrutura orgánica.
No
eido profesional, naquela altura, ten o proxecto a curto prazo de rodar a súa
primeira longametraxe (40), un proxecto que cre rendíbel e amortizábel e para
o que soamente precisaba vintecinco millóns de pesetas. Sen embargo, será
sempre unha experiencia fanada como axiña veremos, malia a fe de Cribeiro no
proceso:
O cine é unha industria, unha montaxe comercial, un prantexamento
industrial. Non coñezo moito do que se leva feito nesto que chamamos "cine
galego», pro eu penso que os seus autores son conscentes de que o que están a
facer non son mais ca primeiros tentos, primeiros pasos, e andamos ás
apalpadelas aínda. ¿Se ó capital galego lle interesaría unha inversión no
cine? Eu penso que o problema non é soio do capital galego, senón do capital
privado español tamén. Eiquí ninguén cre aínda no cine, anque o consuma decote.
Non hai inversións serias. Desto sábenche moito os americanos. Alí saben que
unha película, anque sexa mala, é sempre un negocio se as cousas se fan
medianamente ben e con xeito. E cando fan cartos cun film reinvirten en novas
produccións, que é o que compre facer nestes casos pra botar a andar unha
experiencia con futuro. Eiquí o cine tamén é negocio, pro o capital que pode invertir
nesta industria non o fai. Creo sinceiramente que unha inversión no cine
galego, esixindo a necesaria profesionalidade ós seus autores, é unha
inversión económicamente rentable. Estou disposto mesmo a demostralo.
E
no eido literario, tamén en 1979, saíu a luz Indo pra mdis perto. Neste
segundo libro (que inc1úe tamén o primeiro), o universo temático é ampliado con
poemas onde aparece a solidariedade revolucionaria, o antifascismo e a esperanza
patriótica. Sempre en verso-librismo, é un poeta que procura espertar a
conciencia dos lectores.
Alén
desta obra poética, escribiu así mesmo centos de artigos sobre cine e unha
novela curta en galego co epígrafe Mentres
fóron pasando 40 anos e outras dúas en castelán, intituladas Un hombre llega al cine (no semanario
madrileño El Español) e Bajo el puente
(en La Región) (41):
O primeiro é un relato tráxico e, ao mesmo tempo, irónico e cómico. É
a historia dun rapaz grandemente atraído polo cine, pero polo cine como
pantalla, como fenómeno exterior, sen chegar a aprofundar nen social nen
culturalmente. Un día conséguese introducir nuns estudios cinematográficos e
alí comproba que aquelo todo que el pensaba que era certo, resulta ser unha
"patraña» o que o mergulla nunha fonda depresión. O segundo é un conto moi
romántico; é a historia dunha comunidade desprazada e marxinada, que non ten
máis remedio que vivir baixo dunha ponte. Vén ser unha disquisición poética
sobre a marxinación social.
Tamén
foi autor de interesantes documentais, sobre a biografía de Amor Ruibal, que se
rodaría de maneira íntegra en Galicia, fundamentalmente na provincia de
Pontevedra e en Santiago de Compostela; sobre Sebastián Miranda, escultor da xeración do 98; sobre os poetas San Juan de la Cruz e Antonio Machado,
na que contou co xeneral republicano de orixe galega Enrique Líster, entre
ourros.
O
seu primeiro proxecto de longametraxe foi un guión titulado 1942 que, malia diferentes tentativas,
non chegou a ser nunca realizado e que se converteu despois no mecanoscrito
dunha novela tamén aínda inédita. Na citada entrevista con Miguel Castelo fala
da súa inmediata publicación no selo da editorial madrileña Akal, igualmente
fanada, e cóntanos a súa trama argumental (42):
O que se pensa editar xa non é un guión cinematográfico, senón a
novela que fixen partindo do guión. 1942 é a historia da redención dun home
marxinado no seu pobo nese ano, sen coñecementos de política, que a penas se de
catara do que fora a guerra civil e que se ve na necesidade de fuxir do lugar.
Xa no monte, atopa cunha xente, os maquis, e autorredímese. Plenamente
incorporado á loita, percorre Galiza enteira, namórase dunha muller, viúva dun
guerrilleiro, e, tras secuestrar un barco en Vilagarcía de Arousa, foxe para
Marsella e de alí para América. Anos despois, nos primeiros SO, retorna a
Galiza e atópase coa situación democrática.
No
entanto, en TVE desempeñou varios cargos43, primeiro como o de Xefe da Sección
de Visionado e Valoración de Contidos, logo como responsábel da División de
Emisións, como Delegado Xeral de Produción, como Secretario da Comisión
Consultiva da dirección do ente ou como xefe adxunto da Asesoría Técnica da
Linguaxe de RTVE. Toda esta actividade burocrática, en boa medida, afastouno
moito da realización.
Con
todo, o seu nomeamento de maior relevancia, pola súa trascendencia no ámbito
cultural galego, chegará o 6 de febreiro de 1983. Nesta data tomou posesión do
seu cargo de director do centro territorial de TVE en Galicia, creado en 1969
e que comezara a emitir programas de elaboración propia o 16 de agosto de 1974,
co espacio informativo Panorama de
Galicia. Durante a súa breve xestión, pois en 1985 cesa neste cargo (44),
vaise producir unha importante renovación nos contidos da programación, coa
introdución de debates, por exemplo, aínda que sen poder cumprir o seu obxectivo,
por mor da escasa dotación orzamentaria, de se achegar ás horas de emisión en
lingua propia dos centros territoriais de Cataluña e do País Vasco (45). Na
súa demisión influíu a súa coherencia can do se emitía a chegada a Galicia dos
restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que o levou a se enfrontar mesmo
coas autoridades gobernativas, así nolo conta Xosé Manuel Beiras (46):
Cando trouxeron os restos mortais de Castelao, foi o responsábel. como
director do centro territorial de Televisión Española en Galicia, daquela
filmación histórica. O governador civil chamouno alporizado para que suspendese
a retransmisión. Cribeiro espetoulle: «Se que res vés aquí e dirixes a
televisión e eu encárgome do governo civil, mentres tanto ... ». A transmisión
continuou.
E
velaquí como narra os acontecementos vividos o propio Alexandre Cribeiro (47):
Necesitaría case un libro pata contar o que sucedeu aquel día, que foi
moito. Tiñamos prevista toda a emisión, con transmisións como o documental
Castelao de Jorge Prelorán. A primeira sorpresa é a chamada desde Barajas
falando dunha ameaza de bomba que obriga ao avión a dar volta. Xa co avión en
marcha aparece no control de realización o Governador Civil cos seus policías
e gardacostas e comeza a mirar os monitores e a pedir que He conecten os planos
para mirar o emprazamento das súas forzas. Autorizeino a entrar pola amistade
que me unía a el, pero ao cabo de cinco minutos ordenei que non se seguise con
iso. Apareceu por fin o cadaleito de Castelao, que era o regreso do pai do
galeguismo.
Afastado
por vontade propia da dirección da TVE-G retorna ao seu labor na televisión
estatal, ocupando o posto de Xefe de Documentación en Torrespaña. Por volta de
1987 retorna á realización de programas documentais e nesa altura sepárase da
süa muller Concepción Unamuno e pouco tempo despois comeza a süa convivencia,
primeiro en Pontevedra e logo en Madrid, con Susana Trigo Arcos.
Con
posterioridade, xa no verán de 1989, Alexandre Cribeiro percorreu varias
localidades galegas (Pontevedra, Vigo, Santiago e Celanova) filmando un
documental, con guión de Méndez Ferrín, sobre a vida e a obra de Celso Emilio
Ferreiro para TVE (48), con motivo de se cumprir dez anos da süa desaparición e
térselle dedicado o Día das Letras Galegas. Xa en 1991, dentro dunha serie que
emite a 2 de TVE sobre a xeración española do 98, elabora e dirixe o guión dun
programa sobre Unamuno e outro sobre o dramaturgo Ramón Ma del Valle-Inclán49.
O personaxe do escritor vai s~r protagonizado polo seu amigo da mocidade Camilo
Camaño Xestido (50) e polo poeta Carlos Oroza. .
.
Un
dos seus últimos traballos de maior trascendenCia famo durante o ano 1992,
cando dirixe para a Televisión de Galicia a serie O camiño de Santiago (51), con guión do escritor Alfredo Conde, que
evoca así este momento:
En cinco meses fixemos se te horas de televisión, partindo da nada.
Localizabamos mentres había luz e logo pola noite redactaba eu os guións nas
habitacións dos hoteis pra pasalos ó ordenador da casa, a través do modem, de
xeito que puidesen ir sendo imprimidos e repartidos ós realizadores. Foi unha
aventura incrible. Mentres un equipo rodaba, nós seguiamos localizando Olltros
lugares de rodaxe, manténdonos en contacto telefónico con eles. Enviáballe ó
realizador as correccións dos guións por fax, revisaba os textos e así,
atendendo a todo, ata o borde da tolemia; pois chegou a haber tres equipos de
rodaxe traballando ó tempo, en distintos tramos dos distintos camiños de
peregrinación a Compostela. Monseñor coordinouno, dirixiuno todo. Foi a
tolemia. Pero en cinco meses a serie estivo lista pra ser emitida. SÓ así se
puido realizar aquel esforzo, con tal proceder e maila bonhomía de Monseñor. O
traballo non quedo u mal, esa é a verdade, a bonhomía xoga tamén nesas cousas.
Que eu saiba foi o seu derradeiro traballo. (52)
Tamén
en 1992 participa nun acto poético de homenaxe a Cuña Novás que organiza a
asociación cultural Amigos da Cultura nas ruínas de Santo Domingo, baixo o
título «Tregua para a poesía», que xunta a escritores da súa promoción como
Graña, Ferrín, Manuel María ou Novoneyra e aos máis novos como Fran Alonso ou
Francisco Souto.
Mais
as forzas de Cribeiro, a quen Conde alcuma Monseñor, empezan a minguar e a
continuación do proxecto, que se ía chamar «Os camiños europeos», xa non verá a
luz. Aínda así, en 1994, pouco antes de ser ferido pola morte, acóllese a unha
xubilación anticipada e constitúe xunto co seu fillo Alejandro e a súa
compañeira Susana a sociedade Atlas Galiza, unha produtora de televisión que
estaba chamada a realizar importantes proxectos no medio audiovisual, moitos
deles iniciativas propias. É unha época moi lúcida e creativa para Cribeiro,
que alterna entre a poesía de A señardade no puño, a prosa, os guións de novos
proxectos ou retornando outros vellos como o filme 1942, así como a súa
colaboración semanal na prensa galega cunha serie de artigos baixo o título «Xiraloia».
Xosé Alexandre Cribeiro Rodríguez faleceu
no Hospital Provincial de Pontevedra o 2 de maio de 1995, á idade de 58 anos, despois dunha
fugaz convalecencia de apenas dous meses e como consecuencia dunha grave
doenza, que mesmo lle oculto u aos seus amigos máis próximos. As súas cinzas
foro n repousar no pontevedrés cemiterio de San Mauro. A finais dese mesmo ano,
a revista poética Dorna, dirixida polo seu compañeiro en «Brais Pinto» Ramón
Lorenzo, dedícalle un número de homenaxe no que colaboran moitos dos seus
amigos e contemporáneos, aos que se unen as promocións máis recentes da poesía
galega53. Dous anos máis tarde, o 19 de maio de 1997, o Concello de Cangas do
Morrazo dedícalle unha rúa, como xeito de lembrar a súa intensa relación con esta
vila, nomeadamente durante a súa mocidade.
Antonio Castejón. maruri2004@euskalnet.net puxaeuskadi@gmail.com www.euskalnet.net/laviana
|