|
Os magostos. Faise en novembro esta festa gastronómica arredor da castaña, producto moi vencellado á nosa xente até non hai moitos anos. Neste Centro véñense asando mil quilos cada ano, acompañadas de viño ribeiro. Ao rematar faise unha grande queimada.
Festa fin de ano. O día de ano vello celébrase un baile con orquestra no salón principal do Centro.
Día de Galicia en Euskadi. Todos os anos, os doce centros galegos espallados en Euskadi, celebran unha grande festa popular na que non faltan a gastronomía e a música galega. Tamén hai tempo para as verbenas con orquestras galegas. Este Centro participa tamén na mostra de folclore galego ao lado dos demáis grupos de danzas e gaitas dos centros irmáns. Excursións. No ano prográmanse varias, de un ou máis días, abertas a todos, sexan socios/as ou non.
|
|