|
Semana Cultural das Letras Galegas. É a actividade cultural máis importante do ano. Arredor do 17 de maio, Día das Letras Galegas e durante dez días, fanse mostras de manifestacións culturais galegas: libro, cerámica, música, pintura, fotografía, traxe galego... Tamén se celebran conferencias, hai actuacións de música e danza galega, música coral, teatro en lingua galega. Tamén colleu pulo un concurso gastronómico que ten a empanada e os dóces da casa como protagonistas.
________________________________________
Festas Patronais de Santiago Apóstol -Día da Patria Galega. De grande raigame nesta cidade, son coñecidas dende hai moitos anos como "a festa dos galegos." Son os actos centrais na vida do Centro. En todo o mes de xullo lévanse adiante diferentes actividades culturais e lúdicas, pero os días máis importantes son o 25 e os darredor, nos que é costume celebrar verbenas con orquestras de galegas.
________________________________________
|
|