Pero tamén se levan adiante outro tipo de actividades: cursiños permanentes de gaita, percusión e danza galega, de idioma galego, teatro... Tamén hai sitio para outras como cursiños de artes marciais, ximnasia, ballet... Incluso existe un clube de fútbol federado coas súas tres seccións, maiores, xuvenís e cadetes. De todas estas actividades hai máis información polo miúdo nas seguintes páxinas.

Nas devanditas actividades é moi importante a presencia da xente nova descendente de galegos, o que obriga a ser optimistas á hora de mirar ao futuro deste Centro, agora que, por sorte, a emigración a estas terras case desapareceu.

Non podemos esquencer que no restaurante desta casa, todos teñen a oportunidade de coñecer e probar a grande e variada gastronomía galega.

Para rematar, debemos dicir que este Centro Galego é hoxe o lugar no que, calquera persoa que acode, pode coñecer os costumes, tradicións e aspectos da cultura galega.

Agardamos por vos aquí. Benvidos.

Pagina siguiente